Friday 03 de May de 2024

O Concello de Neda abre este mércores o prazo de reserva de praza na escola infantil municipal


As familias poderán formalizar o trámite nas oficinas xerais da casa consistorial ou a través da sede electrónica, ata o 15 de marzo, incluído

O Concello de Neda abrirá este mércores 1 de marzo o prazo de preinscrición na escola infantil Os Pelegríns. Así, as familias dos nenos e nenas inscritos neste servizo municipal de conciliación poderán formalizar a reserva de praza ata o vindeiro 15 de marzo, incluido, ben no rexistro xeral da casa consistorial ben a través da sede electrónica. Así mesmo, dende o Concello avánzase que a partir do día 20 do mesmo mes, abrirase tamén a preinscrición para novos ingresos, ata o 15 de abril.

Situada no Empedrón, nunha contorna privilexiada nas inmediacións do paseo marítimo, a escola infantil abre as súas portas de luns a venres de 8 a 16 h, conposibilidade de xornada completa, media xornada e horas soltas sumadas a esta última. A programación didáctica prima as actividades manipulativas e lúdicas, a experimentación e o xogo.

De rexistrarse vacantes tralo periodo de matriculación establecido, o centro recepcionará novas solicitudes ata completar as prazas ofertadas.